A crise económica actual demostra
que o capitalismo impide que a inmensa maioría da umanidade teña unhas
condicións de vida dignas. Se a isto lle engadimos que tamén é unha ameaza para
o medioambiente, a conclusión é clara: temos que facer desaparecer este
sistema. As ideas do marxismo son as únicas ideas que, ademais de explicar o
porqué do que está a pasar, ofrecen una alternativa. Hoxe máis que nunca o
dilema é: REVOLUCIÓN SOCIALISTA OU BARBARIE.
Hai un crecente interese polo
marxismo. A Fundación Federico Engels, coa colaboración de El Militante, quere
contribuír á súa difusión abrindo un local en Ferrol: ‘A Librería Marxista'.
Neste local atoparás decenas de publicacións marxistas: obras de
autores clásicos (Marx, Engels, Lenin, Trotsky, Rosa Luxemburgo...) e modernos (Ted
Grant, Alan Woods, Celia Hart...), a revista Marxismo Hoy, o xornal El
Militante, e documentos e folletos sobre múltiples temas: historia,
economía, filosofía, sindicalismo, Cuba, Venezuela...
Cremos que as ideas do marxismo
son as mellores para que o movemento obreiro se recupere e os traballadores
podamos defender os nosos intereses de clase. Desde o noso punto de vista, a
penosa situación á que nos levou a política sindical do último período é unha
consecuencia directa do abandono por parte dos dirixentes sindicais das ideas socialistas
e comunistas. Por iso ‘A Librería Marxista' tamén vai ser un
lugar de encontro das persoas interesadas en que o marxismo recupere o lugar
que lle corresponde nos sindicatos e partidos de esquerdas. Para isto
celebraremos actos públicos de contido diverso: presentación de libros,
conmemoración de efemérides da esquerda, análise da actualidade, loita obreira,
etc. E para profundar na teoría marxista, o segundo luns de cada mes, ás 19:00
horas, teremos un coloquio sobre o contido dun libro.
Se non podes acudir no horario de
apertura do local ou queres información sobre as nosas actividades, ponte en
contacto con nós.
|